• «Noa no espello» de Sarabela Teatro, Quiroga.

    Noa é curiosa e faise preguntas sobre as persoas que a rodean. MIRÁDEVOS, MIRÁDENOS…..un é mais baixo e outra mais alta, un é de pel escura e outra ten pecas, a ti gústache saltar e a min correr…Cada un é especial. A través de dinámicas de repetición de textos e coreografías, a dinamizadora conta como o espello nos devolve a nosa imaxe para axudarnos a configurar a nosa identidade. Sarabela Teatro chega a Quiroga con «Noa no espello» o mércores 23 de outubre ás 12:00h.

  • Teatro «Iriña bailarina», Quiroga.

    Espectáculo de Teatro Ghazafellos no marco do programa de dinamización lingüística e de prevención da violencia de xénero «Nós contra a violencia» Esta é a historia dunha bailarina de caixa de música e dun moneco de futbolín que queren cambiar de vida e que nos mostran que é posible mudar roles e romper cos estereotipos de xénero. Adaptación dunha narración da colección A igualdade conta de Edicións Embora. Na Casa da Cultura de Quiroga.