Certamen de poesía «Nadal 2019», O Saviñao.

Certame de Poesía Infantil “Nadal 2019”

– Convocatoria Local –

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2019” (Fase local), de acordo coas seguintes

BASES:

1.- Poden participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de “O NADAL”.
2.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

3.- Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán redactados en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara, e poderán presentarse mecanografiados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor. (ver nota 1). [pulsar para descargar o modelo]
4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 20 de decembro de 2019, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL (ver nota 2).
5.- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.
6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2019.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública de Lugo que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10.- A presentación das obras a este certame supón a aceptación das presentes bases.

NOTAS:

  1. Podes imprimir o formulario para participar e cubrilo sen pasar pola biblioteca na súa web. É moi importante que figuren completos todos os datos de contacto (sobre todo o número de teléfono de contacto).
  2. Os traballos poderán entregarse en horario de mañá no concello se a biblioteca estivera pechada.
  3. A data de entrega de premios e diplomas para os traballos gañadores darase a coñecer na biblioteca.
  4. Calquera outra dúbida, podes consultala na biblioteca.
  5. Cos traballos seleccionados na fase provincial, a Biblioteca Nodal de Lugo adoita editar unha publicación, da que fai chegar varios exemplares tanto ás bibliotecas participantes coma a quen presentara un traballo gañador. Na biblioteca dispoñemos de exemplares destas publicacións das distintas edicións tanto para empréstito como para consulta na sala

Tags:

Fecha

Dic 20 2019

Más Información

Leer más
Categoría
REGISTRO

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *