Inchables y pista de patinaje, Quiroga.

Unha pista de patinaxe en xeo é a nova oferta de ocio do Concello de Quiroga para os máis novos. Dende o xoves día 5 de decembro e ata o día 9, o pavillón municipal acollerá estas dúas pistas con entrada gratuíta.

O primeiro día, o xoves pola mañá ás instalacións estarán reservadas para os alumnos e alumnas do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga e o luns día 9, tamén pola mañá, as pistas serán para o alumnado do Instituto de Educación Secundaria.

O resto do tempo, en horario de once da mañá a unha e media e pola tarde de catro a oito, estarán abertas para todas as persoas que queiran participar desta nova oferta municipal.

Pero non soamente se instalará a pista de patinaxe de xeo sintético, se non que haberá unha pista de inchables con obstáculos, para os que non queiran patinar ou descansar desa actividade.

Esta nova oferta de ocio complementarase coa xa tradicional xornada de inchables coa que comeza o ano o Concello de Quiroga é na que participan os nenos e nenas de toda a comarca.

Tags:

Fecha

Dic 05 2019 - Dic 09 2019

Hora

11:00 am - 8:00 pm
Categoría

Deja un comentario