Actividades

Comienza el nuevo curso en la piscina municipal de Monforte de Lemos

A nova tempada de cursos de natación e actividades deportivas da comezo na Piscina Climatizada Municipal de Monforte de Lemos.

Dende a Concellería de Deportes, infórmase que ademais dos servizos de uso libre na instalación ofrécense un total de 441 prazas en cursos de natación e actividades dirixidas, que se unen ás 240 prazas que o Concello de Monforte oferta dentro do programa de Escolas Deportivas Municipais para o curso 2019 – 2020.

O xoves 19 de setembro ábrese o prazo para inscribirse na ampla oferta de cursos de natación que se impartirán na instalación deportiva municipal durante o novo curso.

Deste xeito, a oferta deportiva prevista para o curso 2019 – 2020 é a seguinte:

ACTIVIDADES EN PISCINA:

  • Cursos de natación: inicio o 1 de outubro
  • Bebés: de 6 meses a 3 anos.
  • Infantil: de 3 a 5 anos.
  • Nenos/as: de 6 a 12 anos.
  • Xóvenes e adultos: a partir de 12 anos.
  • Ximnasia Acuática (a partir de 16 anos):
  • Luns e mércores ás 10:00 h.
  • Martes e xoves ás 9:45 h.
  • INSCRICIÓNS para as actividades en Piscina:
  • Apertura do prazo de inscricións para socios/as: xoves 19 de setembro
  • Apertura do prazo de inscricións para non socios/as: luns 23 de setembro.

ACTIVIDADES EN SALA (a partir de 16 anos): inicio 16 de setembro

  • Aero – Step
  • Aerobike
  • Ximnasia de mantemento
  • Body training
  • Pilates
  • En Forma
  • INSCRICIÓNS para as actividades en Sala:
  • Apertura do prazo de inscricións para socios/as: luns 9 de setembro
  • Apertura do prazo de inscricións para non socios/as: mércores 11 de setembro

Durante o mes de setembro as actividades dirixidas en sala serán gratuítas para socios/as.

OUTRA OFERTA DEPORTIVA:

  • Nado libre en piscina
  • Ximnasio de uso libre
  • Aluguer de pistas de tenis

HORARIO DA INSTALACIÓN:

  • De luns a venres de 7:30 a 14:00 h.  e  de 15:00 a 23:00 h.
  • Sábados de 10:00 a 14:00 h.  e  de 18:00 a 22:00 h.
  • Domingos e festivos: de 10:30 a 14:30 h.

Máis información e inscricións nas instalacións da Piscina Climatizada Municipal (R/ Estrada de Sober s/n).  Tfno. 982403809  –  E-mail: infomonforte@alacerocio.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *