Ven de abrir o prazo de inscrición para as actividades tanto da Escola Municipal de Música como da Escola Municipal de Danza do Concello de Monforte de Lemos, previstas para o curso 2019/20.
Para realizar a inscrición nalgunha das especialidades ofertadas por ambas Escolas, os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10 h e as 13 h, ou en horario de tarde entre as 17 h e as 19 h. Ou ben, tamén a poden levar a cabo na sede electrónica no Concello:
Máis info en: http://www.monfortedelemos.es/gl/node/4120

