A Escola Municipal de Música de Sober vén de abrir o prazo de matrícula para o curso 2019-2020. Os interesados e interesadas poderán inscribirse ata o día 26 de setembro.
As especialidades nas que poden anotarse increméntanse ano tras ano. Para este curso haberá frauta traveseira, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, piano, guitarra, linguaxe musical e coro.
Tamén se impartirán ensinanzas de música e movemento a partir dos 3 anos, música para adultos e grupos instrumentais. O alumando poderá integrarse na Banda Infantil e tamén no Coro Berea, na súa sección infantil ou de maiores.
A presentación do curso e recollida de horarios será o sábado 28 de setembro ás 12:00 horas na Casa da Cultura.
Para obter máis información o Concello de Sober pon a disposición dos interesados os seguintes números de teléfono: 982 46 05 13 e 617 55 12 99.
